Mergúllate no mundo da fotografía
Asociación fotográfica Maruja Roca


Sobre nós
A asociación
A Asociación Fotográfica Maruja Roca, con sede en Lugo, ten como obxectivo principal o fomento, promoción e divulgación da fotografía, imaxe e vídeo en todas as súas variantes. A través de actividades culturais e lúdicas, busca promover a participación e formación tanto dos seus socios como de todas aquelas persoas interesadas en mergullarse na fotografía.
homenaxe
Maruja Roca
O nome da asociación é unha homenaxe a unha das fotógrafas máis asombrosas de Galicia. Maruja Roca destacou polo seu talento único en capturar a esencia das persoas e lugares de Becerreá durante os anos 40 e 50. A súa habilidade para transformar momentos cotiáns en imaxes de gran beleza e profundidade, a pesar dos limitados medios da época, converteuna nunha figura clave da fotografía galega. A súa obra, chea de maxia e sensibilidade, segue a inspirarnos hoxe, e queremos manter viva a súa memoria e legado a través do noso traballo.

Únete a nosa comunidade
Descubre o mundo da fotografía con nós. Aquí terás a oportunidade de explorar novas técnicas, compartir experiencias e medrar xuntos como fotógrafos.