O próximo venres 9 de maio o Concello de Bergondo inaugura a exposición “Fotografía e compromiso. Unha homenaxe á mirada de Anna Turbau”. A mostra, organizada en colaboración co Consello da Cultura Galega e a Asociación Fotográfica Maruja Roca, recorre a obra da fotoperiodista Anna Turbau, recentemente falecida.
Na exposición teñen especial protagonismo as imaxes das veciñas e veciños de Guísamo nas mobilizacións contra a construción da Autopista do Atlántico, das que se cumpren 50 anos. Algunhas destas imaxes serán entregadas ás persoas retratadas ou aos seus descendentes nun acto que terá lugar o 10 de maio ás 13:00 na Sociedade Recreativa de Guísamo.
📅 Venres 9 de maio
⏰ 19:00
📍 Edificio sociocultural A Senra, Bergondo


