Presentación asociación

O acto de presentación da Asociación Fotográfica Maruja Roca celebrouse o pasado 26 de setembro. Debido ás condicións meteorolóxicas, tivemos que trasladar o evento do aire libre na Carballeira de Intercentros ao edificio CACTUS, onde puidemos gozar do evento.

O presidente da asociación, Alberto García Armesto, deu a benvida e presentou a nova asociación, destacando a importancia de crear un espazo para a divulgación e promoción da fotografía en Lugo. A asociación inicia así unha nova andaina, comprometida a fomentar a formación, a colaboración entre fotógrafos e afeccionados e a organización de eventos que acerquen a arte da fotografía a todos.

A continuación, Nieves Roca compartiu unha emotiva presentación sobre a vida e obra de Maruja Roca, a fotógrafa de Baralla que da nome á nosa asociación, resaltando a súa contribución e legado no mundo da fotografía.

Agradecemos sinceramente a todos os asistentes por acompañarnos neste momento tan especial e esperamos contar con vós nesta nova etapa chea de oportunidades e experiencias.

Scroll al inicio