Taller de fanzine – La Mosca* Ediciones

Se che apaixoa a fotografía, o deseño ou simplemente tes ganas de explorar novas formas de expresión, o vindeiro 25 de outubro temos unha cita moi especial. En colaboración con La Mosca* Ediciones organizamos un obradoiro que promete inspiración, experimentación e moita creatividade: o Taller Creativo de Foto Fanzine

O obradoiro propón un percorrido práctico e completo polo proceso de creación dun fanzine fotográfico: idea, toma de imaxes e materialización.

Non se requiren coñecementos de fotografía nin experiencia previa: só curiosidade e ganas de experimentar. O fanzine é un formato perfecto para xogar coa imaxe e transformar as túas ideas en algo tanxible e orixinal.

📅 Sábado 25 de outubro
10:00 – 18:00 h
✉️
Información e inscricións:info@afmarujaroca.com

Scroll al inicio